Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A confraría solicita a prohibición total da captura de choco na Enseada en periodo de veda

RR_Noticias

Solicitarán á Consellería do Mar que a prohibición que afecta ás embarcacións profesionais dende o 1 de xullo ata o 1 de novembro se faga extensible tamén aos chamados “pescadores deportivos” para asegurar a protección do recurso e evitar que o choco se sega a capturar sen ningún tipo de control. Lembran que o ano pasado chegaron a contar ata 60 destas embarcación en tan só un día na Enseada.

O obxectivo da confraría de Redondela e protexer o recurso, motivo polo que acatan e respectan a norma da Consellería do Mar que establece a veda na captura dende o 1 de xullo ata o 1 de novembro. Sen embargo, entenden os mariñeiros que esta medida non é efectiva de non aplicarse tamén aos chamados “pescadores deportivos” que segundo denuncian seguen a capturar o choco “de maneira indiscriminada durante todo o ano, sen ningún tipo de control en canto a cantidade de capturas e tamaño das mesmas e sen respectar a época de desove”.
Lembran que no verán do ano pasado chegaron a contar ata 60 destas embarcacións nun só día, chegadas de tódalas partes  da ría de Vigo, pescando dende as 8:00 horas  da maña ata as 22:00 horas, capturas que segundo engaden “na meirande parte acaban vendidas nas prazas ou en domicilios particulares de maneira ilegal”.
Un feito que os responsables da Confraría puxeron en coñecemento da Consellería do Mar en varias ocasións para que este tipo de embarcación foran controladas e se comprobase se estaban autorizadas e se cumprían cos topes de capturas e tamaño das mesmas, sen recibir resposta algunha por parte da administración.
Para evitar que este ano volva acontecer o mesmo e se eviten momentos de tensión como os vividos o ano pasado entre estas embarcación e os propios mariñeiros da confraría reclaman que a prohibición da pesca do choco dentro da enseada sexa total entre xullo e novembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará