Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe póstuma a Rita Regojo

RR_Noticias

A sede de Aldeas Infantís en Ventosela acolleu na xornada de onte unha homenaxe á que fora presidenta da entidade, Rita Regojo, falecida en xullo do pasado ano. Un emotivo acto no que estiveron presentes os seus familiares, amigos e representantes tanto da fundación como das diferentes administracións.

A homenaxe, celebrada nos xardíns do centro de acollida de Ventosela, consistiu no descubrimento por parte do seu viuvo, Adriano Marqués de Magallanes e o seu fillo maior, José Antonio, dun busto en lembranza de Rita Regojo.
O acto, que tiña lugar no mediodía de onte, contou coa presencia de máis dun cento de asistentes, entre os que se atopaban representantes da vida política e empresarial, como os deputados provinciais Marta Iglesias e Alberto Pazos así como o propio alcalde Javier Bas. Tampouco faltou a esta cita o ex rexedor local, Xaime Rei.
No transcurso do acto falaron o presidente nacional de Aldeas Infantís, Juan Belda e a presidenta da Fundación en Galicia, Rosa Freire, quen lembrou como os rapaces acollidos neste fogar de Ventosela chamábana con cariño “Tía Rita”.
Os momentos máis emotivos correron a cargo da propia familia, tanto no momento de descubrir o busto como coas palabras da súa filla e a intervención dalgúns dos nenos acollidos na aldea que colocaron un ramo de rosas brancas ao pe da estatua.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará