Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades lúdicas e formativas na OMIX de Soutomaior

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude organiza esta fin de semana o I Concurso de Karaoke no que participarán grandes e cativos que se subirán aos escenario do Multiusos de Arcade a emular aos seus artistas preferidos. Os que estean interesados en actividades formativas poden inscribirse nun curso de animación deportiva que se desenvolverá no mes de xuño.

Haberá premios pero o máis importante é que haberá diversión, xa que non se trata de premiar ás mellores voces, senón a aqueles intérpretes máis divertidos e atrevidos que se suban ao escenario para lembras aos seus ídolos musicais ou reinterpretar os temas que teñan elixido. Nese camiño está a traballar xa as persoas inscritas, cativos pero tamén adultos, que non queren perderse este I concurso de Karaoke que organiza a Oficina de información xuvenil de Soutomaior. Todos os que o desexen poden asistir como público este sábado ás 21:00 horas no Multiusos de Arcade. A iniciativa nace do interese dos veciños por participar en todas as actividades de carácter artístico que se organizan no Concello. Así nolo contaba a responsable da OMIX, Sonia Pintos. O servicio ten en marcha ademais outras actividades de carácter formativo, como un curso de manipulador de alimentos, un taller de fomento do emprego e un curso monográfico de animación deportiva e recursos para o tempo libre. O prazo para se inscribir neste último remata xa este venres motivo polo que animan aos interesados a formalizar esa inscrición que custa 8 euros aos empadroados e 15 aos veciños doutros concellos. O curso está orientado a aportar formación complementaria a profesionais e traballadores de tempo libre e desenvolverase nunha única xornada en horario de mañá e tarde o sábado 9 de xuño.  

Sonia PIntos OMIX Soutomaior
I Concurso de Karaoke no Multiusos de Arcade
Curso de animación deportiva
Orientado a traballadores do tempo libre

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará