Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Unión Europea suspende a calidade da auga en Arealonga

RR_Noticias

A Axencia Europea de Medio Ambiente ven de dar a coñecer o informe no que se valora a calidade das zonas de baño en Galicia no ano 2011. Este organismo europeo mide parámetros físicos, químicos e microbiolóxicos como coliformes, fecais ou a cantidade de aceites minerais na auga e en función deses criterios clasifica as zonas de baño.

Na provincia de Pontevedra non pasan o exame un total de doce zonas de baño costeiras e, entre elas, atopamos a praia de Arelaonga en Chapela cuxas augas, segundo o informe europeo con datos correspodnentes ao pasado ano 2011, teñen mala calidade.
No resto das provincias galegas atopamos tamén 24 areais na Coruña subliñados pola baixa calidade das súas augas e outros tres areais en Lugo que tamén incumpren os parámetros europeos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará