Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gabanzas á canteira do fútbol local polo ascenso do filial do Choco

RR_Noticias

O alcalde Javier Bas e o concelleiro de deportes, Jesús Crespo salientan as boas perspectivas do fútbol local logo dos éxitos acadados polo Choco B que logrou o ascenso a Segunda Rexional. A alegría será completa no caso de que os xogadores do primeiro equipo logren o ascenso a terceira división este domingo.

O adestrados do filial do Choco, Juan Carlos Amoedo Dasilva salienta a boa saúde do fútbol local, xa que o equipo que ven de lograr o primeiro ascenso da historia a segunda rexional está formado case na súa totalidade por mozos da canteira. No mesmo sentido se manifestaba o alcalde Javier Bas, quen engadiu que “Redondela ten potencial para estar nas mellores categorías” e fixo fincapé na posibilidade de que esta fin de semana “a alegría sexa completa e poidamos festexar o ascenso a terceira división do equipo titular”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará