Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intercambio de saberes e literatura na rede

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle este mércores ás 20:00 horas a presentación das plataformas Redelibros.com e Redetroco.com. A segunda está centrada no intercambio de saberes e coñecementos non monetarios, mentres que redelibros é unha rede social de literatura en torno á cal se reunen escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e, moi especialmente, lectores.

Redelibros.com e redetroco.com, dous enderezos nos que podemos atopar diferente información, pero toda ela orientada a promover o intercambio de coñecementos, información ou habilidades. Ambas as dúas plataformas presentaranse de xeito conxunto na tarde mañá no Multiusos da Xunqueira, nun acto que arrancará ás 20:00 horas. A iniciativa redetroco é de ámbito local e promove o intercambio de balde de servizos tan variados como clases de idiomas, música, cociña ou informática, entre outros. Redelibros pola contra é unha plataforma cultural centrada no mundo do libro que ven funcionando dende hai un par de anos e que permite a través da rede que se comuniquen escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e, moi especialmente, lectores. Un espazo común que naceu da necesidade das librerías tradicionais de procurar xeitos de promoción para poder competir coas grandes cadeas, pero que se converteu nunha rede de literatura na que atopar lectores que comparten os nosos gustos, buscar información sobre as nosas próximas lecturas, apuntar ou comentar o que lemos, recomendar libros ou crear as nosas bibliotecas virtuais,segundo nos explicaba un dos promotores da iniciativa, Xosé Rodríguez. A día de hoxe a rede é empregada maioritariamente por usuarios que acoden a esta páxina co obxecto de asesorarse sobre as súas futuras lecturas a través dos comentarios doutros usuarios.A plataforma Redelibros.com agrupa tamén a un número crecente de librerías que deste xeito se fan visibles e comercializan os seus libros en Internet co obxecto de poder chegar con maior facilidade aos lectores.  

Xosé Rodriguez promotor de Redelibros.com
A iniciativa nace dunha inquietude das librerías tradicionais
Un espazo onde compartir
Unha plataforma con diferentes usos
Perfil do usuarios
Maioritariamente buscan opinións das publicacións en galego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará