Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de cantigas de berce en Chapela

RR_Noticias

Chapela acolle hoxe ás 18:00 horas un encontro dirixido a nais e pais pero tamén a todas aquelas persoas que están involucradas no coidado dos nenos que queiran compartir experiencias, coñecementos ou dúbidas en torno a crianza dos cativos dende os cero ata os tres anos de idade.

O obradoiro, de balde para todos os que queiran achegarse, terá lugar na xornada de hoxe ás 18:00 horas no local Nesi Kids situado na Avenida de Vigo número 141. Nesta sesión as protagonistas serán as cantigas de berce, pero a actividade está enmarcada dentro dun proxecto máis amplo que é o chamado “Espazo Familias”, e que consiste nun encontro de pais, nais, crianzas, avós, avoas, tíos, coidadores, etc. que queiran compartir experiencias, coñecementos, inquedanzas, dúbidas… en torno á crianza, sobre todo na etapa do puerperio e ata os tres anos de idade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará