Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os monicreques reivindican a cultura en galego

RR_Noticias

Milleiros de persoas encheron onte o centro da vila para gozar dos títeres que onte, e para conmemorar o Día das Letras falaron integramente en galego. Na fin de semana e malia o mal tempo anunciado polas axencias de meteoroloxía, os espectáculos non pararán con actuacións no Multiusos da Xunqueira e novamente na Alameda e nas rúas e prazas do casco urbano.

O festival internacional de títeres continúa en Redondela con moitas actividades que de seguro volverán encher de público o noso concello durante a fin de semana. Hoxe venres, e logo do éxito do festivo do Día das letras que congregou na vila a milleiros de persoas, falamos dunha xornada de transición xa que tan só haberá actuacións de sala. Será coa compañía Teatro de formas Animadas de Portugal e o seu Prometeu, quen ofrecerán dous pases, ás 21:00 e as 23:00 horas no Multiusos da Xunqueira.
Unha producción baseada no teatro de sombras que nos ofrece un relato repleto de deuses, intrigas, heroes e batallas partindo do mito grego de Prometeu.
Na xornada do sábado pasarán pola sala as compañías El retablo coa obra Pinocho y medio e Bambalina Teatro coa obra Carmen. O domingo pechará a programación a compañía Sofie Krog e o espectáculo The House.
Unhas actuacións que teñen un prezo de 5 euros, pero tamén moitas actividades completamente de balde, as que terán lugar nas rúas e que se prolongarán durante toda a fin de semana con compañías cegadas de Bulgaria, Inglaterra, Cantabria, Murcia, Cataluña e, como non, Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará