Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a “Manolo Casa Paco” coa participación de 16 equipos de toda Galicia

RR_Noticias

O Campo Municipal de Santa Mariña acolle durante a xornada festiva do xoves o I torneo prebemxamín Fútbol 8 “Manuel Conde Docampo”. O campionato, que arrancará ás 10:00 horas, contará coa participación de 16 equipos de toda a Comunidade cuxos xogadores de entre 6 e 8 anos de idade poderán gozar tamén das actividades que se desenvolven na vila co gallo do Festival de Títeres.

Manuel Conde Docampo, máis coñecido como Manolo de Casa Paco, amosábase moi ilusionado co recoñecemento pero tamén humilde ao asegurar “non merecer este tipo de homenaxes”. Con todo, cando lle foron propoñer a organización do evento deportivo non dubidou en dar a súa aprobación e o seu total apoio por tratarse dunha actividade de promoción dun deporte ao que se sinte intimamente ligado, logo de 35 anos dedicando todo o seu tempo de lecer a fomentar a práctica do fútbol entre os máis pequenos. Nacía así o I torneo Prebenxamín Fútbol 8 “Manuel Conde Docampo” que se vai desenvolver durante toda a xornada do xoves 17 de Maio no Campo Municipal de Santa Mariña, con partidos que arrancarán xa as 10:00 horas e que se prolongarán durante todo o día. Unha xornada de fútbol na que o menos importante será o resultado, xa que os xogadores son nenos de entre seis e oito anos de idade. En total 16 equipos de toda a comunidade entre os que atopamos a tres representantes locais: o Choco, a Escola F.S. e, como non podía ser doutro xeito, o equipo Casa Paco. Unha cita deportiva que serve para dar a coñecer o noso concello, xa que serán moitos os pais e nais que acompañen aos seus fillos a este torneo e aproveiten tamén para gozar de todas as actividades organizadas dentro do Festival Internacional de Títeres, pero que é sobre todo, un xeito de recoñecer o traballo desenvolvido durante máis de tres décadas por unha persoa que dende sempre apostou polo fútbol base en Redondela.  

Manolo Conde homenaxeado
Asegura non merecer unha homenaxe
16 equipos de toda Galicia
Un xeito de fomentar o depore
Nenos de 6 a 8 anos
Os rapaces e os seus pais poderán tamén gozar dun día especial en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará