Hoxe é Xoves 11 de Agosto de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Agrupación de Electores denuncia a situación da cementeira de Vilar

RR_Noticias

A formación política instalou un panel informativo na praza da Constitución no que se recollen recortes de prensa e diferente documentación relativa ás supostas ilegalidades cometidas pola cementeira instalada na parroquia de Vilar e que o concello mandou precintar xa en numerosas ocasións. Precintos que se sucederon baixo o goberno de Xaime Rei e que tamén xe repetiron dende a chegada do popular Javier Bas á alcaldía de Redondela, aínda que a planta de formigón continúa a funcionar con normalidade.

O panel informativo que se podía ver na mañá de hoxe na céntrica praza da Constitución recolle diferente documentación, tanto oficial como xornalística, na que se fai un percorrido polos diferentes pasos dados por un veciño da zona, José Manuel Crespo, quen leva máis dunha década acudindo aos xulgados para denunciar a situación desta cementeira situada xunto a súa vivenda e solicitando o peche da súa actividade por vulneración dos seus dereitos. De feito, ten varias resolucións xudiciais que lle dan a razón. Malia todo e aínda que os precintos policiais sucédense periodicamente por mandato da alcaldía, a empresa procede á retirada dos precintos e continúa a traballar con normalidade.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará