Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tanxarina conmemora os 25 anos do Titiricircus no Festival de títeres

RR_Noticias

A agrupación de Redondela ofrecerá ademais para o público adulto unha versión de sala da súa última proposta escénica “Trogloditas”. Un dos seus actores, Miguel Borines, colaborador incansable no festival e membro integrante da asociación Xente titiriteira, destaca o esforzo por manter o nivel na calidade das obras malia os recortes financeiros.

A agrupación Tanxarina subirá ao escenario do Festival con dúas propostas diferentes. Mañá conmemoran o 25 aniversario da obra “Titiricircus” con dous pases para os escolares no Multiusos da Xunqueira ás 10:30 e as 12:30 e xa o xoves, no Día das Letras, vístense de Trogloditas para as dúas funcións que se poderán ver no Multiusos ás 17:00 e as 21:00 horas. Un espectáculo renovado que foi necesario modificar para adaptalo ás salas de teatros e auditorios. Borines falábanos tamén da programación que se poderá ver na sala nos vindeiros días orientada o público adulto como o Prometeu do teatro de formas animadas de Portugal ou a adaptación de Carmen a cargo da compañía valenciana Bambalina Teatro. E como non, destacaba tamén o teatro íntimo que nos ofrece Sofie Krog coa obra “The House” e “O Intrépido viaxe dun home e un peixe” a cargo de Onírica Mecánica na noite do mércores en dous pases, ás 21:00 e as 23:00 horas. Unha programación que malia os recortes  é para Miguel Borines “toda unha festa da que nos podemos sentir orgullos en Redondela”.    

MIguel Borines Tanxarina
Unha nova versión dos Trogloditas
Programación de sala
Borines fálanos da programación que se poderá ver no Multiusos
Un festival de recoñecida calidade
Un certame do que nos podemos sentir orgullosos en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará