Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres detidos por alcoholemia, un deles un condutor que entrou no bar Central sen baixar da súa moto

RR_Noticias

A policía local de Redondela detivo na fin de semana a tres condutores logo de ser sorprendidos ao volante superando a taxa de alcol permitida. A última das detencións producíase ás 4:20 da madrugada de hoxe en Reboreda e o detido, un veciño de Redondela de 27 anos de idade, pasou xa a disposición xudicial.

Unha fin de semana sen incidentes salientables malia a gran afluencia de xente a Redondela por mor da festa do choco, con todo, si hai que lamentar tres detencións nas últimas horas nas que se viron implicados condutores de Pazos de Borbén, Vigo e Redondela, todos eles sorprendidos ao volante cunha taxa de alcol en sangue que superaba o permitido.
A primeira das detencións tiña lugar ás 8:00 horas do sábado cando unha patrulla da Policía Local que circulaba pola Avenida Alvedosa sorprendía a un individuo J.M.M. de 25 anos de idade veciño de Pazos ao volante dun Renault Megane circulando polo medio da calzada impedindo o paso dos turismos que circulaban en sentido contrario. Logo de darlle o alto e ante os síntomas presentados polo condutor procederon a realizarlle a proba de alcoholemia dando unha taxa de 1’17.
A última hora da tarde do domingo tamén se detiña a outro home, neste caso veciño de Vigo V.M.P. de 46 anos de idade por conducir un ciclomotor baixo os efectos do alcol. Foron os propietarios do bar Central na Praza de Ribadavia os que deron a voz de alarma logo de que este home entrara no local a pedir unha cervexa sen baixar do seu vehículo. Desprazados ao lugar os axentes da policía local localizárono nas inmediacións e comprobaron tamén que presentaba unha elevadas doses de alcol polo que procederon a súa detención.
A última das intervencións policiais producíase na madrugada de hoxe ás 4:20 horas e neste caso tiña lugar no camiño da Misión en Reboreda coa detención de R.A.F. de 27 anos de idade, condutor dun Peugeot 205 e veciño de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará