Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A XXVI Festa do Choco agarda máis 30.000 visitantes esta fin de semana

RR_Noticias

O evento gastronómico contará este ano con algunhas novidades, xa que todas as actividades se centrarán no recinto do campo da feira. Baixo unha gran carpa con capacidade para 4.000 persoas faranse os actos que, en anteriores edicións, se trasladaban á praza do Concello. É o caso da lectura do pregón ou o concurso gastronómico. A Comisión de Festas entende que os cambios “serán positivos” e aseguran que todos os que a acheguen á festa “non van saír defraudados”.

Un ano máis Redondela será a capital gastronómica do sur de Galicia. Como xa é tradicional a festa ofrecerá “o mellor choco do mundo” acompañado de arroz, na súa tinta, á prancha ou en empanada. Como novidade este ano a cita conta cun recinto máis amplo, cunha gran carpa instalada no campo da feira que ten capacidade para 4.000 persoas. A montaxe foi posible grazas á decisión do Concello de cortar as árbores do recinto. Unha decisión polémica pero que desde a Comisión de Festas defenden. O presidente, Jaime Villaverde, explica que as árbores impedían desenvolver a festa con comodidade e provocaban problemas de alerxias. Todas as actividades se centrarán no mesmo recinto, polo que o secretario da comisión, Severino Casal, agarda que a presenza de público “non dificulte” actividades como o Concurso Gastronómico, no que participan o domingo máis de 30 pratos. Os cambios veñen motivados pola participación do Concello e a Asociación de Empresarios nesta edición, co obxectivo de darlle “un maior pulo” á festa. Ademais, para facilitar que o público se achegue a Redondela, habilitarase unha zona de aparcamento na zona de Vilavella. En canto ós prezos serán “populares”. A ración de empanada de trigo custará 5 euros, a de millo 7 euros, e o resto dos pratos venderanse a un prezo de 8 euros. A festa comezará mañá sábado, ás 12.30 horas, e pola tarde haberá charanga con Vaidebaile. Ás 22.00 comezará a verbena con Atlanta e Quinta Avenida. O domingo haberá feira de artesanía desde as 12.00 horas. Media hora máis tarde farase a lectura do pregón, a cargo do televisivo Xosé Ramón Gayoso, presentador de Luar, da TVG. Pola tarde haberá concertos a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela e ás 19.00 comezará a verbena co grupo Alcotán. As actividades despídense o luns coa Festa do Neno, para o que as atraccións ofreceranse con prezos populares.    

Jaime Villaverde presidente da comisión
Defende que os cambios serán bos para a festa.
Severino Casal secretario
Confía en que as actividades poidan desenvolverse na carpa sen dificultades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará