Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela agarda que a nova estación de tren “sexa unha realidade” a curto prazo

RR_Noticias

O Ministerio de Fomento adxudicou a redacción do proxecto para a nova estación de Renfe na parroquia, unha noticia moi ben acollida polos veciños. Amósanse satisfeitos por recuperar o servizo de transporte público, pero son prudentes. Temen que a crise poida deixar o proxecto “nun caixón”, e piden que se faga realidade pronto.

Hai case dez meses que a parroquia de Chapela non conta con servizo ferroviario, logo de que o apeadeiro quedase sen trens ao eliminarse a liña procedente da estación viguesa de Urzáiz. Os traballo do tren de alta velocidade obrigaron a desviar a liña polas vías de mercadorías, para o que se construíu unha nova estación en Guixar. Esta liña tamén atravesa a parroquia de Chapela, polo que os colectivos veciñais da parroquia solicitaran a construción dun apeadoiro nas inmediacións da Alameda, para que os cidadáns de Chapela puideran utilizar este transporte público. Agora o Ministerio de Fomento vén de adxudicar o proxecto para a construción da nova estación, o que supón un motivo de satisfacción para os veciños, que poden contar así “cunha alternativa de transporte público”, tanto para achegarse a Vigo como para desprazarse a Pontevedra ou outros puntos de Galicia. Chus entende que é “bo para a parroquia”, e salienta que coa nova estación no Areal, aínda será “máis cómodo” coller o tren. Fernando tamén entende que é “moi positivo” pode contar co tren en Chapela, e advirte que a afluencia de pasaxeiros será maior ou menor “en función do prezo dos billetes”. Cándido, un hostaleiro da zona, entende que se trata dunha “boa nova” para Chapela, pero amósase desconfiado de que o proxecto se faga realidade “a curto prazo” por mor da crise económica e os recortes. Para Carlos, que leva varios anos vivindo en Chapela, o servizo ferroviario “non debe desaparecer”. Lembra que a parroquia ten que sufrir moitas infraestruturas, como as liñas de tren, a autoestrada ou a estrada nacional, polo que “é de xustiza” que os veciños poidan tamén beneficiarse delas. O Ministerio de Fomento adxudicou á empresa Sociedade de Estudos do Territorio e Enxeñaría o contrato de servizos para a redacción do proxecto de construción da estación do ferrocarril de Chapela. A actuación, que apareceu publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), conta cun orzamento de 108.179 euros e un prazo de execución de dous meses e medio.  

Cándido hostaleiro
Considera positivo a nova estación pero desconfía de que se faga a curto prazo.
Chus veciña
Entende que a estación é positiva para a parroquia
Fran e Mónica
Pensan que será bo para moitos traballadores que se desprazan a Chapela.
Carlos
Entende os veciños deben poder beneficiarse das infraestruturas que atravesan a parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará