Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma pola Sanidade Pública de Redondela, Pazos e Fornelos analiza os problemas da comarca

RR_Noticias

Un total de trece agrupacións forman parte desta plataforma que acaba de constituírse na comarca, e que ten como obxectivo defender un sistema sanitario público de calidade. Na súa primeira reunión abordaron problemas dos tres municipios, como os servizos de urxencias, a atención pediátrica e a eliminación de atención sanitaria en Pazos e Fornelos os sábados pola mañá.

Colectivos veciñais, grupos políticos, sociais, sindicatos e agrupacións de atencións a enfermos forman parte desta plataforma, integrada dentro de SOS Sanidade Pública. Nun comunicado explican que o seu obxectivo fundamental é “o compromiso co Sistema Sanitario Público e o rexeitamento da súa privatización e ós recortes de dereitos”. Nesta primeira reunión, quedou constituída a Comisión Permanente. Para a plataforma, o plan de axustes do goberno central supón “a demolición progresiva e programada” da sanidade pública. Tamén denuncian “a privatización” do novo Hospital de Vigo, e os problemas sanitarios locais que afectan ós tres municipios. Entre outros salientan as deficiencias nos servizos de urxencias, atención pediátrica e a eliminación de atención sanitaria nos Concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes os sábados pola mañá.
Nunha próxima xuntanza analizarán toda a problemática local en materia sanitaria e decidirán as accións a tomar a nivel local, ademais de sumarse ás xa programadas por SOS Sanidade Pública en toda Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará