Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha brocheta de choco con tetilla de Arelas faise co primeiro premio no concurso gastronómico

RR_Noticias

A empanada de millo do Cathering Arelas tamén foi recoñecida como a mellor das presentadas a concurso nesta XXVI edición da Festa. Un evento gastronómico que congregou na fin de semana, segundo as estimacións dos organizadores, a máis de 35.000 persoas superándose así as previsión iniciais.

Un concurso gastronómico cuxo gañadores se daban a coñecer a última hora da tarde de onte e no que se recoñeceron tamén os chocos cociñados na súa tinta elaborados pola tapería O Tranquilo, os chocos con arroz do restaurante Nautilus, así como a empanada de trigo e a sobremesa presentada por José Martín Rodríguez.
O galardón a mellor presentación foi para o prato elaborado pola Panadería Visopan.
O concelleiro de cultura, Alberto Pazos, era o encargado de dar a coñecer aos premiados nun acto que practicamente pechaba dous días de festa gastronómica nos que non faltaron a música nin os visitantes que ateigaron o recinto de festas no que se despacharon ata 5.000 kilos de choco.
O xurado non dubidou ademais en recoñecer co primeiro premio na categoría de mellor receita creativa o orixinal prato presentado polo Cathering Arelas: unha brocheta de chocos con tetilla.
Un dos momentos máis esperados da xornada foi a lectura do pregón que este ano correu a cargo do popular presentador da TVG, Xosé Ramón Gayoso quen, baixo a carpa instalada no campo da feira e ante as autoridades populares, o alcalde Javier Bas, o edil de cultura e o presidente da deputación, Rafael Louzán, entre outros, fixo unha exaltación da gastronomía local e en concreto do cefalópodo da ría despedíndose coa melodía “Apaga a luz”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará