Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Corte de tráfico no Paseo da Xunqueira para o seu asfaltado

RR_Noticias

Ás 9:30 horas está previsto que se peche ao tráfico rodado o Paseo da Xunqueira para proceder ao asfaltado deste vial dende o edifico dos xulgados ata a Casa do Concello. O peche prolongarase durante tres días. A parada de taxis trasladarase á Praza de Ribadavia (praza da Farola).

A policía local pechará a partir das 9:30 horas de hoxe e durante tres días o paseo da Xunqueira para facilitar os traballos de asfaltado da rúa, no tramo que vai dende o edificio dos xulgados ata a Casa Consistorial, segundo informaron fontes municipais.
Para facilitar o tráfico rodado, axentes da Policía informarán a todos os usuarios dos garaxes privados que se atopan na zona das vías alternativas de acceso. A parada de taxis trasladarase durante estas tres xornadas á contorna da Praza de Ribadavia.
A actuación de reforma do paseo conta cunha subvención de 250.000 euros dentro do Plan Re-comercia da Consellería de Economía e Industria.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará