Hoxe é Xoves 23 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Caída notable no número de parados logo de oito meses consecutivos de incrementos

RR_Noticias

No mes de abril atoparon emprego en Redondela un total de 71 persoas situándose o número de desempregados no noso concello na redonda cifra de tres mil. No resto da comarca podemos falar de estabilidade, xa que practicamente non se moveron as estatísticas do paro nos concellos de Soutomaior, Pazos e Fornelos. En toda a comarca son 4.687 as persoas que se atopan en situación de busca de emprego.

Especialmente positivo o comportamento do mercado laboral no pasado mes de abril en Redondela. Logo de oito meses consecutivos de incrementos nas listas do paro, os últimos datos da Consellería de Traballo confirman uns datos moito máis optimistas con 71 baixas que nos deixan un total de 3.000 desempregados no noso municipio. No resto dos concelllos que conforman a comarca podemos falar de estabilidade, cun parado menos en Soutomaior (954) cinco menos en Fornelos de Montes (258) e un mínimo incremento en Pazos de Borbén, onde o número de desempregados sitúase en 474, dous máis que trinta días atrás.
O sector servizos segue a ser o máis castigado cun total de 1.522 persoas en busca de emprego en Redondela seguido da industria con 796 desempregados.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *