Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manu Chao asiste en Redondela á presentación do vídeo clip “Mamá Cachorra”

RR_Noticias

A productora Barna Producciones ven de confirmar a presencia do cantante no evento que terá lugar mañá sábado en Redondela a cargo do artista “El hombre invisible” quen presentará ás 22:00 horas no Multiusos da Xunqueira o vídeo clip “Mamá Cachorra”. A festa arrancará na Disco tasca ás sete da tarde.

Detrás de “El hombre invisible” agóchase o compositor e intérprete Ivan Varela “Vento” quen confirmou tamén que neste acto presentación, que terá lugar mañá sábado en Redondela, contará co apoio do cantante Manu Chao, que estes días está en Galicia por mor dos seus compromisos musicais. De feito, Chao ofrecerá un concerto dentro da décima edición do Festival Reperkusión que se celebra do 17 ao 19 de maio na localidade ourensá de Bemposta.
O evento presentación do video clip “Mamá cachorra” arrancará xa a media tarde, sobre ás 19:00 horas cun “photocall” na Disco tasca, onde os asistentes poderán degustar tamén algún pincho. As 21:00 iniciarase un pasarruas con destino ao Multiusos onde se fará a presentación do video musical. A festa seguirá na antiga discoteca La Fábrica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará