Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Matar a un niño” lévase o premio do público na VIII edición do Redondela en curto

RR_Noticias

O xurado do festival optou por recoñecer os traballos “Voice over” e “Morir cada día”, dúas curtas que se repartirán os mil euros do premio. O certame consolídase logo de recibir este ano un total de 545 traballos de entre os que se seleccionaron as 16 curtametraxes que o público puido visionar ao longo dos catro días de festival.

O premio do xurado recoñeceu os traballos de  Martín Rosete, director madrileño do título Voice Over e o do director catalán Aitor Echeverría, quen asinaba o título “Morir cada día”. A primeira das curtas premiadas atopábase xa entre as preferidas do director, Fernando Carreira, Cuchi, quen nos micrófonos da Radio municipal apostaba xa por este traballo. Pola súa banda “Morir cada día” xira en torno a unha cea familiar e ás conversas que se desenvolven no seo da familia. O título “Matar a un niño” proponnos unha historia sorprendente de final inesperado qeu arranca cunha voz en off que xa nos adiante o terrorífico do relato: “É domingo. É o espertar feliz dun día desgraciado. Ás dez en punto, un neno feliz vai morrer”. Jorge e César Esteban Alenda son os directores desta curtametraxe en branco e negro onde sorprende non só o argumento senón tamén o xeito de rodar que arranca cunha serie de fotos fixas a través das cales se nos vai contando a historia. E nesta ocasión o público optou claramente por premiar unha ficción dramática, algo pouco común cando o habitual é que os gañadores desta sección sexan comedias.  

Fernando Carreira "Cuchi" premio do púlico
O directtor do festival falaba do título Matar a un niño
Trailer Matar a un niño
Un inicio impactante
Voice Over
Unha aposta do director que logrou o premio do xurado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará