Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela non xogará na División de honra

RR_Noticias

Malas novas para o balonmán local. O Paraxe Chapela non foi quen de lograr unha praza para a Fase final de ascenso á División de honra logo de caer ante o Ereintza por 28 goles a 26. E tamén unha tempada máis as mozas do club non lograr unha praza para a División de Honra feminina.

Un revés que impide aos chapeleiros conseguir o ascenso malia o bo comportamento do equipo e os bos resultados acadados ao longo da temporada. A derrota de onte ante o Ereintza foi clave, sobre todo o último gol encaixado polo equipo redondelá dende a liña de sete metros, xa que o triple empate entre os equipos que acabaron a fase de ascenso con dous puntos no seu haber tivo que resolverse pola diferencia de goles. Unha operación matemática que separou ao equipo de Fran Teixeira da fase final de ascenso por tan so un gol.
E tamén unha tempada máis, e van catorce en total, as mozas do Paraxe quedaron ás portas do ascenso na División de Honra Feminina. Neste caso o equipo que sentenciou ás xogadoras de Chapela foi o club de Elgoibar que venceu por 26 goles a 24.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará