Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía local rescata a un home ferido logo de sufrir un accidente doméstico en Chapela

RR_Noticias

O home, de 77 anos de idade e veciño de Chapela, foi trasladado ao Hospital Xeral onde quedou ingresado para ser atendido das feridas de carácter leve que lle provocou a rutura dunha porta de vidro da súa vivenda.

Axentes da policía local de Redondela interviron na mañá de hoxe no rescate dun veciño de Chapela de 77 anos de idade que se atopaba inmobilizado logo de sufrir un accidente doméstico. Eran ás 9:37 horas da mañá cando unha operaria do servicio de xardinería que estaba a traballar nesa parroquia se decataba da situación do home, que se atopaba enganchado nunha porta de vidro da súa propia vivenda. Por este motivo procedeu a chamar á policía local, que desprazou ao lugar a unha patrulla que se viu obrigada a saltar un muro dunha vivenda lindante para poder acceder ao interior domicilio do ferido. Unha vez dentro, comprobaron que o home tiña problemas para se desprender dunha porta de vidro na que quedara enganchado.
Unha ambulancia do 061 trasladou ao home ao Hospital Xeral onde quedou ingresado par ser atendido de feridas leves.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará