Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco encarrila unha recta final de liga “moi complicada” coa vista posta no ascenso

RR_Noticias

  Logo da remontada diante do Mondariz os redondeláns consolidan a segunda praza da liga. Este domingo viaxan a Portonovo para comezar un final de liga difícil. Agardan rivais como Barbadás, Céltiga e Arousa, que pelexan tamén polas prazas que dan opcións de ascenso. Un reto que equipo afronta en positivo, logo da inxección de moral que supuxo a remontada diante do Mondariz.  

Restan sete xornadas para rematar a liga, son aínda moitos puntos en xogo pero o Choco ten a determinación de conservar a segunda praza que ostenta. E fano coa convicción de ser un dos mellores equipos da liga, facendo bo xogo e sumando puntos. A remontada do pasado domingo diante do Mondariz é unha clara mostra da calidade do equipo. Malia comezar perdendo, os homes de Jacobo Montes fixeron unha espléndida segunda parte, anotando tres goles en oito minutos, e sentenciaron o partido. Para o adestrador esta vitoria, ademais dos tres puntos, supón unha “importante inxección de moral para os xogadores”, que son conscientes que malia comezar mal un partido, teñen capacidade de reaccionar e gañar. Montes destaca a calidade do xogo do Choco, que non baixa os brazos. A súa filosofía do fútbol leva ós adversarios a sufrir fisicamente, o que se nota logo nos últimos minutos de xogo, que é cando os redondeláns sentencian os partidos. Na próxima xornada enfróntanse ó Portonovo, unha saída “difícil”, segundo Montes, xa que logo do cambio de adestrador teñen mellorado o xogo, e seguen a loitar por asegurar a permanencia. Será unha das sete duras probas que o equipo teña que afrontar ata o remate da liga. O obxectivo de manter a segunda praza “non será doado”, xa que teñen o calendario en contra. Nesta recta final terán que medirse ó líder indiscutible, o Barbadás, e tamén ó Céltiga e Arousa, que loitan por engancharse ás prazas que dan opcións de ascenso.  

Jacobo Montes adestrador
O técnico salienta a calidade do xogo do equipo.
Portonovo-Choco
Montes asume que será un partido complicado no campo do Portonovo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará