Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Equipo Royal Picasso vence no XXXI Maratón Semana Santa

RR_Noticias

En total foron 19 os equipos que participaron no tradicional maratón de Semana Santa que organiza o Club de Fútbol sala de Redondela. 210 rapaces que se disputaron este torneo que celebrou a súa trixésimo primeira edición con vitoria para o equipo Royal Picasso.
 

A final disputouse ás dez da noite do sábado entre o equipo Seguros Blanco e o equipo Royal Picasso, resultando vencedor este último. O terceiro posto foi para os xogadores do Equipo Modauto e en cuarto posto clasificouse o equipo Clinica Veterinaria Santa Mariña. O trofeo á deportividade foi para o equipo MVGMG 009 e recoñeceuse o traballo desenvolvido polos xogadores Jorge Tizón e Iván Lago, ambos os dous do Royal Picasso. Tizón recibiu o galardón ao mellor xogador mentres que Ivan Lago converteuse no porteiro menos goleado. O máximo goleador foi Manuel Míguez Giráldez do equipo Clínica Veterinaria Santa Mariña.
A organización destaca desta edición o bo xogo desenvolvido por todos os equipos durante o torneo e esperan en vindeiras edicións lograr unha maior participación, sobre todo de equipos femininos, que permita a celebración da competición nesa categoría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará