Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O tribunal nega que se fixeran indicacións sobre o uso do galego nas probas de Turismo

RR_Noticias

Así llelo fixeron saber ao responsable do departamento, Alberto Pazos, logo da denuncia do BNG sobre supostas irregularidades cometidas nos transcurso das probas de selección dos bolseiros de Turismo que se celebraron o pasado luns. O tribunal estuda iniciar medidas legais polas acusacións feitas dende o Bloque.

Pazos anuncia que convocará a Comisión de Cultura de xeito inmediato pero asegura que non existe ningunha queixa “nin oficial nin extraoficialmente” por parte de ningún dos participantes nas probas dos bolseiros de Turismo que abale a denuncia do BNG sobre as supostas irregularidades cometidas respecto do uso do idioma galego. Amósase sorprendido anta a contundencia da acusación do BNG quen asegurou que unha das persoas que formaba parte do tribunal tería coaccionado a unha aspirante a non realizar a proba en galego dicíndolle “que si o facía así non lla ían puntuar”. O responsable de turismo engade que de seren certas esas acusacións “as probas se anularían de inmediato e se repetirían xa que se trataría dun feito inescusable”. Pazos insiste con todo, en que a día de hoxe non teñen ningunha evidencia de que dita coacción se producira logo de falar tanto cos aspirantes ás prazas de bolseiro como cos membros do propio tribunal quen “estudan a posibilidade de iniciar acción legais contra o BNG por ditas acusacións” se non hai unha rectificación  

Albero Pazos responsable de turismo
O edil asegura que dee seren certas as irregularidades denunciadas se anularían as probas
O tribunal nega as acusacións
Estudan iniciar accións legais polas acusacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará