Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco millóns de euros para crear un parque verde no Val do Maceiras

RR_Noticias

O acondicionamento dos terreos afectados polas obras do AVE para a creación dun espazo verde de 160.000 metros cadrados suporía un investimento de tres millóns de euros, aos que habería que engadir segundo as estimación do BNG outros dous millóns para subvencionar as expropiacións dos solares. Goberno e oposición reuniranse cos veciños afectados para explicarlles o proxecto e facer “unha fronte común”.

Goberno e oposición parecen estar de acordo en levar adiante un anteproxecto que obra en mans do concello de Redondela dende o anos 2010 e no que se contempla solicitar ao Ministerio de Fomento a creación dunha zona verde nos terreos do AVE en Santo Estevo de Negros. Unha actuación que pasa necesariamente porque o Ministerio asuma a expropiación de 150 parcelas ocupadas polas obras no Val de Maceiras. Ese terreo empregaríase para a creación dun parque público de 160.000 metros cadrados e unha plantación de maceiras con vistas a súa posible explotación comercial. O custe total, ao entender do BNG, grupo que foi quen encargou o anteproxecto cando xestionaba a Concellería de Medio Ambiente, ascendería a un total de cinco millóns de euros, cantidade que entenden “perfectamente asumible por parte do Ministerio”. Entende dende o BNG que este é o momento de demandar esa actuación a Fomento “cando as obras están xa rematadas e se está procedendo ao levantamento da maquinaria” e ante a imposibilidade de devolver os terreos aos seus propietarios tal e como estaban ao principio, algo que ao entender do Bloque é “técnica e economicamente inviable”. O primeiro paso será contactar cos veciños afectados, con quen teñen previsto reunirse logo da vacacións de Semana Santa para conseguir o seu apoio e facer unha fronte común. No anteproxecto preséntase unha recuperación ambiental desta área do Val do Maceiras para uso público creando sendas peonís. No mesmo proponse tamén a ubicación dunha plantación de maceiras con vistas a unha posíbel explotación comercial da mesma.    

Cecilia Pérez Orge BNG
O custe estimado roldaría os cinco millóns
Obras xa rematadas
Este é o momento axeitado para iniciar as negociacións
Reunión cos afectados
O primeiro paso será unha xuntanza conxunta cos veciños da zona

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará