Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un acto na rúa Reveriano Soutullo inaugura o ano Casto Sampedro

RR_Noticias

A concellería de Cultura inaugura este domingo ás 13:00 horas a programación oficial do ano Casto Sampedro co descubrimento dunha placa na rúa Reveriano Soutullo número 7. Con esta acto, que se completará cun recital de zanfona, arranca oficialmente a programación coa que o Concello quere lembrar a figura do ilustre redondelán no ano no que se conmemora o 75 aniversario do seu pasamento.

A programación elaborada pola Concellería de Cultura arranca oficialmente este domingo día 8 á unha da tarde. Coincidindo coa data na que se conmemora o 75 aniversairo do pasamento do ilustre redondeláns celebrarase un acto aberto a todo os veciños consistirá no descubrimento dunha placa no edificio no que residiu Casto Sampedro, e que se atopa na rúa Reveriano Soutullo número 7. A continuación poderase escoitar un pequeno recital de zanfona.  

Alberto Pazos concelleiro de Cultura
O edil anuncia o acto do domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará