Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bo comportamento do desemprego na comarca no mes de marzo

RR_Noticias

Soutomaior, Pazos e Fornelos rebaixan lixeiramente o número de persoas inscritas nas listas do paro, mentres que Redondela mantén a tendencia a alza, aínda que cun incremento menor ao experimentado en meses anteriores. Ao pechar o mes de marzo eran 3.071 o número de redondeláns inscritos nesta listas, 17 máis que no mes anterior e 334 máis respecto a marzo do 2011.

Marzo volveu ser un mes nefasto para a situación que atravesan moitos veciños e veciñas que se ven abocados a converterse nun número máis nas longas listas do desemprego, con todo o ritmo de crecemento do paro na nosa comarca foi moito menor que nos meses anteriores. De feito, o comportamento foi positivo nos concellos de Soutomaior, que con 946 parados experimentou un descenso en 16 persoas, así como en Fornelos e Pazos que se sitúan nos 263 e os 472 desempregados, o que ven ser un lixeira melloría respecto dos datos anteriores.
O único concello onde a tendencia continúa a ser a alza é Redondela, aínda que foron so 17 os novos inscritos situándose o paro en 3.071 persoas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará