Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A empresa que xestionou a venda do “Camaleón” apunta a Reguera como responsable da compra

RR_Noticias

O ex concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera, aseguraba no último pleno municipal que el non tería asinado a factura por valor de 5.315 euros para pagar a escultura “Camaleón”. Unha declaración que levou á empresa encargada da compra venda desa obra a emitir un informe no que recollen que “Reguera se comprometeu diante do artista e doutras testemuñas a adquirir a escultura, motivo polo que esta quedou no Multiusos”.

A escultura obra de Marcos Juncal e que se pode ver no Multiusos da Xunqueira, continúa a ser motivo da polémica logo de que a empresa de servizos culturais que xestionaba diferentes eventos para o Concello decidise emitir un informe no que explica o acontecido con esta obra que formou parte dunha exposición titulada “Casual” e que se puido ver en Redondela en setembro de 2007. Na inauguración de dita exposición,, e segundo o escrito que obra xa en mans dos servizos municipais “Reguera teríase comprometido diante do artista e doutras testemuñas a súa adquisición, motivo polo que esta escultura quedou colocada na Xunqueira”.
Aseguran ademais que o ex edil de cultura lles trasladou en varias ocasión a súa intención de abonar a obra, pago que se faría efectivo “unha vez se habilitase a partida correspondente nos orzamentos”. Con este compromiso, a empresa Campo das Redes presenta a factura por rexistro o 6 de xuño do 2011 do mesmo xeito que outra factura correspondente “ao peche das pedras do muro de Berlín que están situadas no paseo da Xunqueira” e que “non foi pagada ata o momento a pesar de ter sido encargado en xaneiro do pasado ano e instalado o 29 de marzo do 2011”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará