Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.C.R. Cesantes volve á Liga Galega de Traiñeiras despois dunha década

RR_Noticias

Logo de dez anos sen participar na máxima categoría do remo, o equipo de Cesantes volve á Liga Galega de Traiñeiras, que comeza este xoves en Meira. A competición arranca coas regatas clasificatorias, xa que nesta edición, e por vez primeira, haberá dúas categorías, a LGT1 e a LG-B. Desde Cesantes entenden que a súa embarcación militará na liga B, xa que se trata dun equipo “moi novo”. Ignacio Novelle confía en que o equipo se consolide e se reforce a canteira, da que din estar “moi satisfeitos”.

A Liga Galega de Traiñeiras comeza este ano máis cedo que nunca, os próximos días 5 e 6, coincidindo co Xoves e Venres Santo. E comeza con novidades, xa que este ano contará con dúas categorías: a LGT1 e a LG-B. Entre os 17 equipos que participan esta temporada hai tamén novas incorporacións, entre elas o C.C.R. Cesantes, que levaba dez anos sen participar na máxima categoría do remo, aínda que si estaban xa a competir en bateis e traíñas. Desde o club, Ignacio Novele salienta a súa “satisfacción” por volver a participar nesta liga, logo de varios anos tentando recuperar esta embarcación. Esta temporada por fin o conseguiron, cun equipo “moi novo” no que participan tamén “algúns veteranos”. En canto ó feito de que este ano a Liga Galega conte con dúas categorías, Novelle entende que para o equipo redondelán será positivo. Afirma que “sendo realista” está claro que logo das probas clasificatorias que se disputan o xoves en Meira, “o Cesantes militará na LG-B”. Deste xeito a traiñeiras poderá consolidarse na categoría, e a nivel deportivo “será mellor”, xa que a competitividade será menor que na LGT1. A directiva confía en reforzar a canteira, e amósanse “moi satisfeitos” cos equipos de bateis cadetes e xuvenís, cos que agardan seguir fomentando o remo.
Xunto co equipo de Cesantes na Liga Galega de Traiñeiras estará outro conxunto local, o C.R. Chapela. Os outros 15 clubs que participan son S.D.R. Morrazo, C.R. Robaleira, A.D. Esteirana, C.D. Rianxo, C.M. Mugardos, C.R. Puebla, C.R. Coruxo, C.R. Ares, C.R. A Cabana, C.R. Mecos, C.R. Perillo, C.R. Vilaxoán, S.D. Samertolameu, C.R. Cabo de Cruz e Amegrove C.R.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará