Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Pazos por agresión á autoridade

RR_Noticias

Os feitos producíronse na noite do Venres Santo logo de que os traballadores da cafetería panadería Cruceiro na Praza de Figueroa alertaran á policía municipal da presencia dun individuo con actitude agresiva no local. Unha vez no lugar foi necesaria a presencia de catro axentes para reducir ao individuo que se amosaba moi violento chegando a agredir a dous dos axentes.

Eran ás 22:55 horas do pasado venres cando un dos traballadores da panadería cafetería Cruceiro chamaba á policía local solicitando a presencia dos axentes no local ante a presencia dun individuo que se amosaba especialmente agresivo. Unha vez no lugar foi necesaria a actuación de catro axentes para reducir ao home, veciño de Pazos de Borbén e de 67 anos de idade, quen lonxe de tranquilizarse propinou patadas a dous dos axentes ata que lograron reducilo.
O home foi detido e presentado na comisaría da Policía de Vigo onde quedou a dispoisción xudicial acusado dun delito de agresión e atentado á autoridade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará