Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quen pagou o “Camaleón”?

RR_Noticias

Estafa, falsa contratación ou simple esquecemento do ex concelleiro de cultura Eduardo Reguera? O certo é que a factura que acredita o pago da contratación desta escultura está datada no 6 de xuño de 2011 e, polo tanto, corresponde a unha contratación do goberno bipartito. Con todo, Reguera asegura que el non asinou esa factura.

A escultura “Camaleón”, obra de Marcos Juncal, coustoulle ao concello 5.310 euros pero parece ser que ninguén é responsable da súa contratación. O goberno local, logo de que así llo preguntase o edil de AER, Jorge Verla Chopi, lembra que a factura é anterior a súa chegada á alcaldía. Concretamente o voceiro do PP, Alberto Pazos puntualizaba que a data da factura é do 6 de xuño de 2011, unha semana antes de que o seu partido accedera ao goberno municipal, e que os datos que obran no seu poder apuntan a que tería sido o ex concelleiro de Cultura o responsable de dita adquisición. Explicaba ademais que o destino final de dita escultura era o futuro auditorio de A Marisma. Con todo, o ex edil de Cultura, Eduardo Reguera asegurou que el non asinou esa contratación. A obra, unha escultura vermella de máis de 1’80 metros de altura, pódese ver actualmente no Multiusos da Xunqueira.  

Jorge Varela Chopi AER
O edil pregunta sobre o custe da escultura
Alberto Pazos PP
Os populares aseguran que a data da factura é anterior ao seu goberno
Eduardo Reguera PSOE
O ex concelleiro de cultura nega ter sido responsable de dita contratación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará