Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP aposta pola alternativa 11 en todas as administracións

RR_Noticias

Así o asegura o voceiro do PP en Redondela, Alberto Pazos, quen engade que a alternativa que defende todo o PP para conectar a A-57 con Vigo en todas as administración onde goberna xa sexa “no Ministerio de Fomento, na Xunta, na Deputación ou no propio Concello” é a coñecida como alternativa 11.  

Unha aclaración que chega logo de que diferentes colectivos de Redondela, entre eles a Plataforma contra a Autovía así como varias asociacións da parroquia de O Viso manifestaran o seu temor a que o Ministerio de Fomento que preside Ana Pastor apostara novamente pola A-59, isto é, polo traxecto que comunicaría Vilaboa con Peinador. Unha temor que se viu acrecentado logo de que a propia titular deste departamento asegurase nun medio de comunicación que “a autovía A-59 é unha obra irrenunciable”. Declaración que posteriormente puntualizou asegurando que Fomento apostará polo trazado “máis eficiente, con menor custe e menor impacto posible, que comunique Pontevedra con Vigo de xeito gratuíto”. O voceiro dos populares en Redondela insiste en que as veces se poden producir “mal entendidos” cando se fala dos diferentes trazados pero que, sen ningunha dúbida, a conexión da A-57 con Vigo de xeito máis económico e con menor custe para os veciños é a alternativa 11″. Os veciños de O Viso foron os últimos en manifestar a súas preocupación ante o que cualifican de “confusas e contradictorias informacións sobre a construcción da autovía A-59 que veñen aparecendo nos medios de comunicación nas últimas semanas”.  

Alberto Pazos PP
O voceiro do PP asegura que o trazado que defende o seu grupo é a alternativa 11

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará