Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente investiu 4.000 euros na limpeza de Arealonga

RR_Noticias

O edil Miguel Angel Álvarez asegura que dende a actuación levada acabo polo seu departamento neste areal de Chapela a semana pasada, incrementouse notablemente o número de bañistas e usuarios da zona. O custe da limpeza e o desprazamento das palmeiras do paseo ascendeu a 4.000 euros, segundo explicou o concelleiro en resposta a unha pregunta do BNG

Os nacionalistas pediron tamén explicacións no último pleno municipal sobre o motivo de ter realizado esta actuación que implicou o “uso de maquinaria pesada no aeral” así como o motivo polo que se trasladaron as palmeiras que estaban no paseo á propia praia. Miguel Angel Álvarez explicou que as árbores foron replantadas na propia area co obxectivo de mellorar o tránsito de peóns polo paseo e que a limpeza realizada con tractores e pas serviu para retirar da area pedras, vidros e cascallos “tal e como veñen demandando dende hai anos os propios usuarios de Arealonga”. O custe da obras, que contou cos permisos perceptivos segundo asegurou o edil de Medio Ambiente, ascendeu a 4.000 euros.  

Cecilia Pérerz Orge BNG
O BNG pedia explicacións no pleno da actuación realizada en Arealonga
MIguel Angel Alvarez edil de Medio Ambiente
Explica cal é motivo da actuación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará