Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela vence pola mínima ao Magope e mantén aberta a porta do ascenso

RR_Noticias

Unha nova vitoria para os de Fran Teixeira que disputaron un emocionante partido no pavillón de Coia. Un encontro que rematou con vitoria para os redondeláns que vencía por un axustado 37-38. A SAR dá practicamente por perdida a permanencia en Primeira Nacional logo de caer ante o Calvo Xiria por 40-28.

Un partido apaixonante o que se viviu este pasado sábado no pavillón de Coia a onde se desprazaron os xogadores do Paraxe Chapela. Encontro rápido e marcador moi igualado cunha primeira metade onde a iniciativa estivo en mans do Magope e unha segunda na que reaccionaron os de Fran Teixeira que acabaron por levarse o partido grazas a un lanzamento de sete metros no último suspiro.
Un encontro que rematou co resultado de 37-38 e que constitúe todo un empurrón para o Paraxe Chapela, equipo que continúa terceiro empatado a puntos co segundo clasificado, o Zamora, logo de que esta fora unha fin de semana de vitorias para ambos os dous equipos.
Na vindeira semana os de Chapela parten como claros favoritos, nun encontro que se vai disputar na parroquia redondelá e onde recibirán a un equipo da parte baixa da táboa, o Cinco Jotas.
No outro lado da moeda atopamos aos pechacancelas do grupo, a Sar Plastic Omnium. A derrota desta fin de semana ante o Calvo Xiria nun encontro que rematou co resultado de 40-28 condena practicamente aos redondeláns ao descenso. Seis puntos faltan por xogarse e a SAR ten case perdida a permanencia. Con todo tentarán rabuñar algún punto no partido que se disputará na bomboneira na fin de semana ante outro equipo tamén necesitado de puntos, o OAR Coruña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará