Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita medidas en defensa dos afectados polas preferentes

RR_Noticias

Solicitan ao resto dos grupos con presenza na corporación municipal o seu apoio para reclamar á Xunta que exerza as súas potestades sobre Novagalicia para que devolva aos seus clientes os cartos investidos nas preferentes, un produto financeiro opaco que segundo explican lles foi vendido aos seus usuarios “sen aportarlles a información axeitada que lles advertise dos risco de adquirir dito produto”.

Os nacionalistas, a través dunha moción que presentarán no vindeiros pleno municipal, reclaman o apoio da corporación para lle solicitar á Xunta e ao Goberno do Estado que adopten medidas efectivas de protección dos clientes de entidades financeiras que investiron os seus aforros en instrumentos financeiros opacos como son as preferentes. Lembran que estes clientes non recibiron por parte das entidades bancarias a información axeitada na que se lles advertise dos riscos de adquirir dito produto.
Piden tamén o BNG que a Xunta de Galiza exerza as potestades que ostenta sobre Novagalicia Banco para que os centos de adquirentes de participacións preferentes das extintas Caixas de Aforro -tanto Caixa Nova como Caixa Galicia- poidan recuperar inmediatamente o investimento realizado.
Finalmente, na moción instan á Xunta e ao Goberno estatal que demanden do Banco de España e a Comisión do Mercado de Valores (CNMV) a posta en marcha dunha campaña de inspección sobre a comercialización por parte das entidades financeiras das participacións preferentes, esixindo, no seu caso, a depuración das responsabilidades aos executivos e directivos das entidades financeiras que impulsaron e cometeron o fraude masivo aos pequenos aforradores. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará