Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen incidencias no primeiro día de peche das rúas Marisma e Pedro Floriani

RR_Noticias

As 8 da mañá de hoxe entraba en vigor a prohibición de circular por estas dúas rúas en horario lectivo. O obxectivo da medida, adoptada pola Concellería de tráfico, e garantir a seguridade dos escolares que acoden a estes centros educativos. Con todo, si se mantén aberto o tráfico rodado en dirección á piscina municipal e ao pavillón polideportivo así como ao propio instituto Pedro Floriani dende a rúa Pexegueiro ou dende a avenida de Santa Mariña.

A Policía Local confirmou que na mañá de hoxe non se produciu ningún tipo de incidencia no primeiro día no que entraba en vigor a decisión da Concellerái de tráfico de impedir a circulación de vehículos polas rúas Marisma e Pedro Floriani. No anuncio desta restricción de tráfico, que afecta a esta zona dende as 8 da mañá ata as tres da tarde, o edil responsable Arturo González asegurou que se trata de dar resposta a unha demanda das propias asociacións de pais de alumnos dos centros de ensino infantil e primaria que se atopa na zona, para mellorar así a seguridade na entrada e saúda dos colexios. Ademais entende o edil que a medida servirá para desconxestionar o tráfico e fomentar os desprazamentos peonís.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará