Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cooperativismo como alternativa de emprego

RR_Noticias

Tempos difíciles para o emprego, cunhas elevadas taxas de paro e dificultades para acceder a algunha oferta laboral. Con todo, hai quen non dubida en poñer en marcha proxectos propios de cara a buscar unha saída laboral. Unha das alternativas á que acoden os emprendedores é a fórmula cooperativa, un proceso as veces complexo pero que conta tamén con importantes vantaxes. Un tema que se abordará este xoves na Casa da Cultura nun Seminario aberto que se desenvolverá en horario de 9:30 a 13:30.

O seminario, organizado pola Concellería de Desenvolvemento local e a Rede Eusumo será impartido por María Ortega socia fundadora da Cooperativa Ardora de formación e Servizos. Dirixido a persoas desempregadas, o seminario ten como obxectivo ofrecer unha visión global sobre o cooperativismo e a economía social no Concello pero tamén presentado como un obradoiro interactivo, analizará aqueles posibles proxectos emprendedores que acheguen os asistentes. Un proceso no que os emprendedores poden contar con axudas, non só de tipo económico, senón sobre todo de asesoramento. De feito, os expertos aconsellan sempre facer un plan de viabilidade para coñecer de antemán as posibilidade de éxito ou non dunha idea e afrontar o temor máis común entre os emprendedores “a posibilidade de perder os cargos investidos”. Unha fórmula a do cooperativismo que serve para todo tipo de proxectos aínda que na actualidade estanse a poñer en marcha sobre todo cooperativas de prestacións de servizos, como consultorías ou servizos sociais. As persoas interesadas en asistir este xoves ao Seminario poden inscribirse previamente no enderezo per@redondela.es.  

María Ortega monitora do seminario
O obxectivo é fomentar o autoemprego e dar a coñecer a fórmula da cooperativa
Plan de viabilidade
Contar con axuda evitará sorpresas desagradales
Cooperativas de servizos
Son as que máis se crean na actualidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará