Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas traslada aos deputados e senadores do PP a necesidade de mellorar a rede vial e ferroviaria

RR_Noticias

Na reunión que o alcalde mantivo na xornada de onte coas deputadas nacionais do PP, Irene Garrido e Paz Lago, e os senadores Dolores Pan e José Luis Rivera Mallo solicitou tamén que “a pesar do momento de dificultade económica se poidan tomar medidas encauzadas a mellorar a seguridade vial no concello”.

O alcalde de Redondela, Javier Bas, xunto cos demais concelleiros do grupo popular mantiveron na mañá de onte un encontro de traballo cos deputados e senadores do PP, para darlles a coñecer as necesidades máis urxentes e os principais problemas do concello redondelán de cara a que dalgunha maneira poidan mediar e trasladar estas necesidades aos diferentes organismos competentes do Goberno central.
O rexedor local puxo o acento nos problemas derivados das numerosas infraestruturas que descorren polo territorio: o ferrocarril, varias estradas nacionais, autovías, e nun futuro o AVE e acusou ao goberno anterior de non terse preocupado por solucionar os principias problemas do municipio “a pesar de ter gobernos socialistas, supostamente amigos, no Goberno central e na Xunta de Galicia”.
Bas confía “en que a pesar do delicado momento económico que está a atravesar o país, se poidan poñer en marcha sobre todo, medidas orientadas a mellorar a seguridade vial do cidadán, con actuacións nas tres estradas nacionais que transcorren pola vila redondelá e na rede ferroviaria”.
A senadora Dolores Pan, subliñou “a necesidade de ter unha sensibilización especial con Redondela e os seus veciños, que durante anos viron como se lle vendían e prometían proxectos de mellora para o seu concello, e agora comproban que todo era fume, proxectos publicitados polos gobernos socialistas que nunca se chegaron a facer nin a saber deles sequera”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará