Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade inaugura a exposición “Mulleres, en realidade”

RR_Noticias

A Concellería por en marcha un programa de actividades que inclúe charlas, proxeccións cinematográficas, teatro e exposicións, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. A primeira das citas esta mesma tarde ás 20:00 horas no Multiusos coa mostra “Mulleres, en realidade”.

A exposicións que será inaugurada hoxe ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira conta coa participación de Silvana Sestelo, Dori Couñago, Xulia María, Noemí Salomón e Mari Carmen San José. O acto está enmarcado dentro das actividades que durante todo o mes organiza a Concellería co gallo do 8 de Marzo, Día da muller.
As actividades inclúen un ciclo de cine en colaboración co Fondo galego de Cooperación  coa proxección dos títulos O sorriso da Mona Lisa, Auga, Iron Jawed Angels e Princesas nos centros culturais de Chan das Pipas, O Viso, Santo Estevo e Cedeira.
Haberá ademais diferentes charlas nas parroquias sobre dependencia e coidado de persoas dependentes a cargo da psicóloga Marina Iglesias e na Casa da Torre a escritora Dori Couñago abordará dous temas de actualidade: o acoso escolar ou bulling e os trastornos e problemas alimentarios dos nosos fillos.
O teatro e a exposición Retazos dunha vida de Margot Araujo pecharán as actividades organizadas dende a Concellería.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará