Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cento de veciños esixe na rúa o remate das obras en Chapela

RR_Noticias

Pasaban das sete da tarde cando os veciños, arredor dun cento, partían dende a praza de Ribadavia en dirección ao concello. Un pequeno percorrido de tan so uns metros que lles serviron para visibilizar uns problemas que veñen semanas denunciando: os atrasos en diferentes obras na parroquia de Chapela que afectan de cheo á calidade dos veciños que residen ou empregan os Camiños do Subido, Penisal e Ánimas.

Coreando lemas como “Chapela está farta, solución xa” ou “queremos obras e non promesas” os veciños reivindicaron con esta mobilización que se retomen as obras paralizadas . Logo do compromiso por parte do concelleiro Alberto Pazos, quen se comprometeu nesta emisora  a que algún dos traballos, concretamente o do camiño do Subido, remataría ante de concluír o presente mes de marzo, os veciños decidiron pospoñer a convocatoria de novas mobilizacións a unha nova asemblea que se celebrará o sábado 24 de marzo ás 17:30 horas no Multiusos do Piñeiral. No caso de non producirse avance algún nas súas demandas retomarán as protestas, xa que segundo aseguraron no manifesto que puxo fin á protesta “o único camiño que nos queda é saír á rúa para lograr que se solucionen os problemas denunciados”. Para evitar posibles atascos no tráfico, os vehículos foron desviados polo Paseo da Xunqueira, o que evitou que se formasen caravanas durante a mobilización que cortou a circulación na rúa Alfonso XII.  

Manifestación
Lemas
Manifesto
Os veciños reivindican as mobilizacións como xeito de lograr unha solución
Asemblea
Convocan unha nova asemblea para o sábado 24

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará