Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen data de apertura para a piscina de Chapela

RR_Noticias

O PP critica “a xestión pouco transparente do bipartito” que obrigou ao concello a aportar dous millóns de euros nun obra na que xa se investiron 5’5 millóns a pesar de que nun principio debía cubrirse cos 3’2 millóns procedentes do Plan E.

Un elevado investimento que podería incluso ter que incrementarse, xa que aínda están pendentes algunhas obras a maiores como “a conexión á electricidade e o subministro de augas, así como a urbanización da contorna do edificio”. Con todo, a imposibilidade de dar datas de apertura responde sobre todo a que aínda está pendente de que se realice un novo concurso de adxudicación das instalacións que permitan que algunha “empresa ou cooperativa” asuma o servicio sen custe algún para o Concello. Sobre o elevado custe desta piscina, que nun principio ía ser un Centro de deportes acuáticos, o edil do PP, Alberto Pazos explicou que en gran medida habería que buscalo na “xestión pouco transparente do anterior goberno municipal que levaron a que os custes se dispararan de xeito completamente intolerable”.  

Alberto Pazos voceiro do PP
O edil fala das obras pendentes para rematar a piscina de Chapela
Un sobrecuste de dous millóns
Acusn ao anteriorgoberno de falta de trasparencia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará