Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia irregularidades na relación contractual coa concesionaria da piscina

RR_Noticias

Asegura a Agrupación de Electores que o concello abona o gasóleo que se consume nas instalacións xestionadas por Serviocio e que asume ademais a totalidade do gasto da electricidade, cando segundo o contrato existente coa concesionaria non consta que eses conceptos deban ser sufragados polo Concello

Segundo denuncia a Agrupación de Electores o contrato asinado entre o Concello e a empresa Serviocio recolle que o adxudicatario “deberá facerse cargo do mantemento nos adecuados niveis térmicos da auga”. Pese a esta cláusula, é o Concello quen está a asumir tanto o custe do gasóleo que se emprega na piscina municipal como a totalidade do gasto en electricidade, cando expresamente se recolle no pleno de condicións que a “concesionaria debe facerse cargo dos gastos da electricidade correspondentes ao alumeado da instalacións”.
Ante o irregular da situación, AER trasladou este asunto aos responsables locais que a súa vez encargaron un informe aos técnicos municipais. No mesmo resolven que o Concello debe facerse cargo do gasto de gasóleo, aínda que “resultan certas dúbidas, xa que parece que se deixou deliberadamente un pronunciamento concreto sobre esta cuestión”. Tamén se subliña que aínda que sexan as arcas municipais quen asuma estes recibos “en aras do interese público sería necesario adoptar xunto coa concesionaria medidas para controlar ese gasto”.
En canto ao gasto en electricidade resólvese que é “a concesionaria quen debe facerse cargo de dito gasto correspondente ao alumeado da instalacións establecéndose un sistema para a efectiva discriminación dos consumos”.
Dende AER critican que o contrato de adxudicación non teña plasmados estes acordos de xeito explícito.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará