Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. busca a vitoria co Valadares

RR_Noticias

Logo da goleada a domicilio en Mondariz, os de Nolichi buscan consolidar a súa boa racha na bomboneira de Redondela diante do Valadares, e así descolgarse do grupo de cola. Os vigueses son un dos equipos máis febles do grupo, pero no club redondelán non se fían e esixen máxima tensión para o partido do sábado, que se xogará ás 16.15 horas.

A chegada de Nolichi ó banco de adestrador do Redondela F.S. ten demostrado ser un acerto. O propio presidente do club, Juan Manuel Nogueira, recoñece que foi “unha boa decisión” a contratación do técnico. E iso nótase nos resultados do equipo, que ten mellorado moito a nivel técnico nos últimos meses malia ser un equipo “moi novo”. De feito a aposta do club é “pola canteira”, con xogadores “da casa” e con incorporacións do equipo xuvenil e o da Liga Provincial. O traballo co deporte base é unha das prioridades do equipo de Nogueira, e xa contan con máis dun cento de rapaces que, desde os 5 anos, practican fútbol sala nas categorías inferiores do club. Os xogadores do equipo de categoría absoluta “son a referencia dos máis pequenos”, e participan acudindo ós adestramentos. A situación na táboa en Autonómica Sur, na metade do grupo, tamén reflicte cunha posición moito mellor que a da temporada pasada. A pasada fin de semana puideron festexar ademais unha traballada goleada a domicilio, en Mondariz. O resultado de 3-5 no marcador serviu ós redondeláns para ratificar esa melloría. Pero non hai moito tempo para celebracións, esta semana están centrados no próximo rival, o Valadares. Os vigueses están a facer unha mala temporada e son antepenúltimos, pero no Redondela F.S. non se fían. O presidente insiste en que é o equipo “non debe relaxarse” e ten que saír á pista “coa máxima tensión” para gañar o partido. Para Nogueira os tres puntos serían fundamentais para “descolgarse definitivamente” do grupo de equipos que está na cola da clasificación. Por iso piden tamén o apoio da afección, que está a ser fiel ós partidos do Redondela F.S.. A cita é o sábado ás 16.15 horas no Pavillón Municipal de Redondela.    

Juan Manuel Nogueira presidente
O club amósase satisfeito coa melloría do equipo e segue a apostar pola canteira.
Redondela F.S.-Valadares
En Redondela non se fían dos malos resultados dos vigueses e piden máxima concentración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará