Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O desemprego dá unha tregua en Fornelos pero crece no resto da comarca

RR_Noticias

En Redondela son 3054 persoas as que se atopan en situación de desemprego, 39 máis que o mes anterior e 307 máis que en febreiro do ano pasado. Nos catro concellos que conforman a comarca son un total de 4760 persoas as inscritas nas listas do INEM.

O paro volveu crecer no mes de febreiro na nosa contorna segundo os datos do Ministerio correspondentes ao mes pasado.  Unha situación que afecta a toda Galicia e que se reflicte tamén na nosa comarca, onde tan só o concello de Fornelos de Montes amosou un comportamento positivo, diminuíndo o número de parados en 7 persoas e situándose en 267 desempregados. Mínima tamén foi a variación experimentada en Pazos de Borbén e Soutomaior onde a variación foi en ambos os dous casos dun lixeiro incremento en canto as cifras do paro, que sumaron nove novos desempregados situándose o dato en 477 e 962 persoas paradas respectivamente.
O peor comportamento atopámolo en Redondela, onde logo de superar coa chegada do 2012 os 3.000 parados, atopámonos neste últimos reconto correspondente a febreiro con 3.054 persoas que es atopan en situación de busca de emprego, 39 persoas máis respecto do mes anterior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará