Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela esixen “menos explicacións e máis solucións”

RR_Noticias

Rexeitan os argumentos esgrimidos polo concello para explicar os atrasos que dende hai meses sofren as obras que se están a desenvolver no camiño do Subido, o camiño das Ánimas e a zona do Piñeiral e convocan unha concentración protesta o mércores día 7 ás 19:00 horas ás portas do Concello.

O obxectivo desta mobilización, que segundo explicaba un dos afectados Alberto Covelo é tan só o inicio dun calendario de protestas que “non rematarán ata que non se retomen os traballos” é facer visible un problema que se prolonga xa durante meses, dende que se paralizaran as obras que se están a desenvolver en diferentes puntos da parroquia. Critican ademais que o goberno local trasladara á Asociación de Veciños “unha serie de explicación in extremis” horas antes da Asamblea do pasado sábado. Así os responsables do goberno explicaron que os atrasos tería a súa orixe en diferentes motivos, por unha banda a un erro no proxecto inicial que obrigou a incrementar o custe da obra e a afrontar novos trámites burocráticas no caso dos camiños, mentres que as obras de abastecemento e saneamento de Penisal, Igrexa e Formiga estarían paralizados pola quebra da empresa adxudicataria do proxecto que entrou en concurso de acredores. Con todo, os veciños aseguran que a estas alturas e logo de varios meses de espera “as explicacións non son suficientes” polo que van seguir adiante co calendario de mobilizacións.  

Alberto Covelo veciño afectado
Critica a "deixadez" do oncello
Calendario de mobilizacións
A primeira das protestas será o mércores ás 19:00 horas diante do concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará