Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco perde o liderado diante do Alerta

RR_Noticias

A derrota dos de Jacobo Montes por 2-1 foi a sorpresa da xornada. As reducidas dimensións do campo municipal Pahiño pasáronlle factura ós redondeláns, que non atoparon ocos diante dun rival que se pechou en defensa a aproveitou case ó cen por cen as súas oportunidades. Unha xornada negativa para o fútbol local, que tampouco acadou resultados positivos en Primeira e Segunda Autonómica, con derrotas do Chapela e o Arcade.

Preferente Sur
A.Travesas 2-1 Choco
Contra todo prognóstico o Choco perdeu o liderado no Municipal de Pahiño. Os redondeláns, aínda que tiveron o dominio case absoluto do balón, fallaron nas ocasións de gol. O equipo local aproveitouse das reducidas dimensións do seu campo para pecharse en defensa e saír ó contragolpe, cunha efectividade de case o cen por cen. Aos de Jacobo Montes custoulles atopar espazos para o seu xogo diante da defensa do A.Travesas, e cando o facían faltaba acerto. Deste xeito rematou a primeira metade con empate a ceros. Non foi ata o minuto 63 cando subiu ó marcador o primeiro gol, obra de Diego, que aproveitou un erro defensivo do Choco para bater a Cortegoso. A precipitación do Choco por remontar o encontro propiciou outra ocasión para o Alerta, e Nico remataba de cabeza para o 2-0 no minuto 67. Seguiron intentando a remontada os de Jacobo Montes, e no minuto 78 chegou o gol de Yeray, pero xa non houbo tempo para a igualada. A derrota deixa ó Choco fóra da primeira praza, que agora ocupa o Barbadás. Un duro correctivo que fai lembrar ó equipo redondelán que non hai marxe para a relaxación se o obxectivo é manterse con opcións de ascenso. O próximo partido o Choco recibe en Santa Mariña ó Ribadumia, 4º do grupo.
Primeira Autonómica
U.Grove 3-0 Chapela
Os de Juan Casales non foron quen de sacar un resultado positivo no campo do Monte da Vila. O Unión Grove, o líder indiscutible do grupo, foi moi superior ós redondeláns. Na próxima xornada o Chapela recibe ó pechacancelas, o R.Vilariño.
Segunda Autonómica
Arcade 0-1 Unión Dena
A xuventude dos xogadores de Soutomaior non puido coa veteranía do Dena, e o Arcade cae á penúltima posición logo da derrota. O domingo visitan o campo do R.Bahía, outro dos equipos que atravesan unha complicada situación, son 15º.
Terceira Autonómica
Choco B 1-1 Sampaio
Xa se agardaba un encontro moi igualado, e foino, con reparto de puntos no marcador. O filial do Choco cae á 7 praza do grupo logo do empate co Sampaio, co que seguen empatados a puntos. Na próxima xornada o Choco xoga no campo do Balaídos, da parte baixa da táboa.
Chapela B 0-2 Balaídos
O Balaídos superou ó filial do Chapela en todos os aspectos, e os de Redondela non son quen de saír da parte baixa da táboa. A próxima xornada visitan o campo do At. Matamá, afundido na parte baixa da clasificación.
At. Vilar 0-1 S.Salvador
Os redondeláns non puideron cun dos equipos máis fortes do grupo, o que os deixa na metade da táboa. Na próxima xornada o Vilar xoga no campo do Santa Eulalia, da parte baixa da clasificación.
Cesantes 3-2 Caroi
O Cesantes asinou unha das poucas vitorias do deporte local, non fallaron diante do pechacancelas os redondeláns. Na próxima xornada xogan no campo do Sampaio, un dos equipos máis fortes do grupo.
Soutomaior 0-1 Pontecaldelas
O Pontecaldelas recorta distancias co líder logo de impoñerse pola mínima nun encontro de máxima rivalidade. O Soutomaior levou o dominio do xogo pero os visitantes foron máis efectivos. Na próxima xornada descansa.
Nespereira 0-0 Ponteareas
Os de Pazos manteñen o 5º posto do grupo logo do reparto de puntos co Ponteareas. Un encontro sen goles no que o árbitro anulou un tanto ó equipo visitante, e no que o Nespereira tamén tivo ocasión de levar os tres puntos, aínda que faltou o acerto. Na próxima xornada xoga no campo do Areas, da metade da táboa.
Fútbol Sala-Autonómica Sur
Café Luar 7-7 Redondela F.S.
Os de Nolichi conseguiron remontar o marcador no segundo tempo, logo de chegar ó descanso perdendo por 5-4. O sábado volven xogar fóra, na pista do Mondariz, ás 18.00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará