Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana de vitorias para o balonmán local

RR_Noticias

A Sar acadou un pequeno balón de osíxeno logo de vencer por 34 goles a 22 ao Camariñas, vitoria imprescindible si queren seguir loitando pola permanencia en primeira nacional. Imprescindible tamén a vitoria acadada polo Chapela fronte ao Calvo Xiria a quen venceron nun encontro que rematou co resultado de 30-26, un triunfo que os mantén na terceira praza da categoría e aínda con posibilidades de loitar polo ascenso.

A SAR Plastic Omnium continúa de pechacancelas, pero logrou esta fin de semana unha importante vitoria no partido disputado na bomboneira ante o Camariñas. Unha vitoria por 34 goles a 22 que da esperanzas aos de Pablo Muíños, quen na vindeira xornada teñen un difícil encontro, xa que se desprazan ao campo do Ademar, quintos na táboa.
E salientable tamén a vitoria lograda polo Paraxe Chapela que ofrecía aos seus seareiros un encontro emocionante ante un rival que foi dos mellores que teñen pasado polo pavillón de Chapela nesta tempada, o Calvo Xiria. Os de Chapela mantéñense na loita por entrar na fase de ascenso, agora son terceiros e na vindeira fin de semana desprázanse á casa dun equipo a priori accesible, o OAR Coruña que se atopa no posto decimo cuarto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará