Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A vivenda de protección oficial en Redondela é máis cara que as promocións privadas

RR_Noticias

Un piso de vivenda libre no noso municipio custa de media uns 1.109 euros por metros cadrado segundo os datos do Ministerio de Fomento, isto tradúcese en que adquirir un apartamento de aproximadamente 80 metros cadrados se sitúa en torno aos 90.000 euros, sete mil euros máis barato que o mesmo piso de protección oficial.

Tradicionalmente as familias cun orzamento máis reducido acudían á vivenda de protección oficial, por ser esta máis económica, sen embargo os cambios vividos no mercado inmobiliario nos últimos tempo tradúcense en que a situación teña mudado notablemente. Así, a día de hoxe o metro cadrado en vivenda protexida é máis caro que en vivenda libre ao situarse nos 1.212 euros. Seguindo co exemplo anterior un piso de 80 metros cadrados de media custaría preto de 97.000 euros.
Unha situación que non é exclusiva do noso concello, xa que o afundimento do sector inmobiliario ten rebaixado o importe das promocións privadas nun 9% en catro anos, de xeito que cinco das sete cidades galegas xa resulta máis barato comprar unha vivenda libre que unha protexida. As únicas excepcións son Santiago e A Coruña, mentres que a regra si se cumpre en Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol, do mesmo xeito que noutras localidades de menor tamaño como Redondela, Vilagarcía, Arteixo, Carballo, Narón ou Ribeira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará