Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida denuncia o incremento das listas de espera na atención primaria de Redondela

RR_Noticias

Asegura a formación política que o bloqueo das axendas de moitos profesionais sanitarios cando estes están de baixa, vacacións ou permiso, provoca que neses periodos os cidadáns “ademais de non ter acceso aos seu médicos de cabeceira, carezan da asistencia sanitaria ordinaria”. Engaden que se trata dunha “situación inadmisible” que está a afectar aos Centros de Saúde de Redondela e que provoca o incremento das listas de espera nas consultas de atención primaria.

Os membros de EU explican que a situación é consecuencia do que acontece na sanidade dende hai meses, cando se deixan de cubrir as baixas dos médicos e se produce a chamada “intersustitución· isto é, se reparten os pacientes entre o persoal dispoñible ou se pecha a axenda do medico quedando pacientes sen atender, incumpríndose o acordo publicado no DOG de 16 de xuño 2008.
Este incumprimento da xunta de Galicia provoca o incremento das listas de espera nas consultas de atención primaria, co que incrementa tamén o numero de persoas que acoden os servizos de urxencias, tanto PACS como urxencias hospitalarias. Coa conseguinte perda de calidade de asistencia ao ser atendidos os pacientes por diferentes profesionais en consultas sucesivas pola mesma patoloxía.
Tamén se produce unha desorganización das axendas de traballo ordinario dos profesionais diante do incremento das consultas urxentes e unha sobrecarga de traballo do persoal en activo.
Por todo o exposto, dende Esquerda Unida demandan da xunta de Galicia a substitución de todos os facultativos, para garantir un servizo de calidade e aconsellan aos pacientes que cada vez que teñan un problema de atención primaria, poñan unha queixa a atención do paciente, defensor do pobo e asociación de consumidores como único xeito de “preservar un servizo publico de calidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará